Os seus lenzos representaban agora moitedumes de xentes entrando ou saindo do metro, portas de retretes e destellos luminosos de sereas policiais. Bernabé foi convocado unha vez máis. Cando lle pediu o seu parecer, a mirada de Espiña xa non reflexaba a inxenua sumisión doutros tempos. Tiña un ameazante brillo que xurdía da negritude fonda das olleiras.
-Non está mal, Espiña, non está mal - dixo Candela conciliador -. Pero moito temo que a arte de hoxe, na fin de milenio, procure a serenidade das cumes nevadas.
Espiña non respondeu. Acompañou ó crítico ata a porta da pensión e ó despedirse unicamente dixo: Terán cumes nevadas.
Aquela noite pintou un branquísimo lenzo. Branco sobre branco. Logo fixou um corte de navalla na palma da man e co seu sangue pintou unha vaca. Unha vaca vermelha e feliz sobre a neve.
Manuel Rivas
Un millón de vacas (O artista de provincias)
Sem comentários:
Enviar um comentário